BAILARINA

Descargar BAILARINA en pdf

Comienza la descarga de BAILARINA en EPUB. También disponible en formato PDF. No sabés cómo descargar? Mirá las indicaciones al final de la página. BAILARINA está en español y completo.

Sinopsis de BAILARINA

Manuel Seixas, profesor de filosofía e membro do Grupo Korosi Dansas, deuse a coñecer no mundo literario galego en 1996 co libro de relatos intimistas, Viñeron do espacio interior. Trala obtención do Premio Xerais de Novela en 1996 con A velocidade do frío, que deu pé en 1997 a publicación dun CD que recollía un conxunto de temas baseados na propia novela, publica agora dentro da colección �Xerais Narrativa�, Bailarina, unha novela de amor e ciencia ficción.Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. Velaquí xentes que non son o que parecen, sentimentos enfrontados á razón fría da tecnoloxía máis depuarda, relacións que se entrelazan nun fondo de incerteza e desacougo, nunha especial mestura de enigmas, bágoas e acción.Bailarina propón unha fantástica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntas sen resposta.Manuel Seixas construíu un Universo Bailarina, xa que a novela se completa cunha exposición de colaxes, obra de Xurxo Romero, �Imaxes para Bailarina� e cunha selección musical dos temas que se escoitan na novela e que acompañará as presentacións que do libro se realicen nos próximos meses.
Ver más

MANUEL SEIXAS

Manuel Seixas (Manuel García Seixas) (Vilagarcía, 1961) é profesor de filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno. Como poeta publicou Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001). Debutou como narrador co libro de relatos Viñeron do espacio interior (1996), ao que seguiron as novelas A velocidade do frío (1996), Premio Xerais; Bailarina (Xerais, 1999), e Interferencias (Xerais, 2015). Ademais publicou o ensaio incluído no libro A memoria de Vilagarcía (Xerais, 2003). Como músico co grupo Korosi dansas editou os cedés Cordura (1995) e Non! (1996). Un conxunto de temas baseados na súa novela A velocidade do frío foron musicados por el para o CD homónimo, editado en 1997. Outro cedé en solitario foi Presentimento (2001). Co grupo Neuroband editou Microse (In memoriam Roberto Camba, 2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015). Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva poden atoparse no seu espazo web: www.manuelseixas.com
Ver ficha del autor

Características de la descarga:

  • Visitas a este título: 1671
  • Tamaño del archivo: 834KB
  • Descargas totales: 821
  • Extensiones: pdf – epub – otras

Temáticas:

Novela contemporánea

Narrativa en gallego

Ver otros libros de Novelas

Datos necesarios del libro


«BAILARINA pdf»