ORALMENTE POLA BOCA

Descargar ORALMENTE POLA BOCA en pdf

Comienza la descarga de ORALMENTE POLA BOCA en EPUB. También disponible en formato PDF. No sabés cómo descargar? Mirá las indicaciones al final de la página. ORALMENTE POLA BOCA está en español y completo.

Sinopsis de ORALMENTE POLA BOCA

Volve un escritor que xa demostrara tempo atrás, con imaxinación e ironía, as fendas e recantos máis escuros da nosa contemporaneidade, do que vivimos a cotío, do que imaxinamos ou daquilo que lemos nos xornais. Volve o Cid caracterizado pola contención estilística, por prescindir dos requintados e tortuosos adobíos lingüísticos, pola busca da comunicación directa e espontánea e polo procurado e consciente proveito que obtén ao artellar un discurso literario eminentemente oral que, maila a aparente sinxeleza, amosan unha coidada construcción que deriva nuns relatos coidadosamente improvisados. ¿Que vén significar, pois, este Oralmente por la Boca no corpus narrativo do autor? Estes relatos veñen insistir no afondamento dos lugares comúns que o autor adoita empregar pero, ao noso xuízo, conlevan implicitamente unha maior madureza, un chisco máis de reflexividade, unha dose máis elevada de autocrítica e vagar constructivo. Constituíndo, pois, un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re-) interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros…, feito, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común. Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de �Extenuación� ata o �Agardando a Monroi�, singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamentea primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo. Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar in
Ver más

XOSE CID CABIDO
Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).
Ver ficha del autor

Características de la descarga:

  • Visitas a este título: 1708
  • Tamaño del archivo: 922KB
  • Descargas totales: 1018
  • Extensiones: pdf – epub – otras

Temáticas:

Novela contemporánea

Narrativa en gallego

Ver otros libros de Novelas

Datos necesarios del libro


«ORALMENTE POLA BOCA pdf»