Descargar TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA en pdf
Comienza la descarga de TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA en EPUB. También disponible en formato PDF. No sabés cómo descargar? Mirá las indicaciones al final de la página. TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA está en español y completo.
Sinopsis de TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA
Unha novela de narratividade trepidante, construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres e as súas familias que viven entrelazadas polo amor e pola morte.En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres: Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.Non é doado caracterizar unha novela tan rica, tan exuberante como esta, tanto polo número de personaxes, polo inesperado das situacións,
Ver más
MªXOSE QUEIZAN
Ver ficha del autor

Características de la descarga:
- Visitas a este título: 1418
- Tamaño del archivo: 875KB
- Descargas totales: 748
- Extensiones: pdf – epub – otras
Temáticas:
Novela contemporánea
Narrativa en gallego
Ver otros libros de Novelas
«TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA pdf»
«TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA pdf»